Non ó peche da Caixa Galicia de Lira
O 'Grupo de protesta polo cese de actividade da oficina de Caixa Galicia de Lira' quere mostrar a súa preocupación ante a situación que provocará a decisión da entidade Caixa Galicia de pechar a súa sucursal en Lira. Por este motivo, solicitamo-lo apoio de todas as persoas e colectivos afectados directa ou indirectamente por esta decisión, para evitar o recorte de servizos na localidade de Lira e arredores. O texto completo que presenta a Plataforma pódese ler aquí: http://quepasanacosta.com/content/view/5755/26/ Máis información ao respecto en: http://www.facebook.com/group.phpgid=108400138453 NOTA: Xusto despois de asinar no formulario, mostrase unha pantalla solicitando unha doazón monetaria. Facédelle caso omiso a esta pantalla, xa que chegado a ese punto a sinatura levouse a cabo correctamente. Grazas pola vosa colaboración.
Comment